martes, 19 de maio de 2015

Non digas nada


Non digas nada, dixo co dedo índice da man dereita tapándoche os beizos e os seus ollos mirando fixamente ós teus, mentres ti non sabes que facer e rematas mirando nerviosa ó redor ata que te decatas de que retirou o dedo dos teus beizos e dos teus ollos comezan a caer bágoas mentres ves, entre as húmidas cortinas dos teus ollos, que a súa boca busca a túa, os seus ollos péchanse, prodúcese o contacto e o tempo sinxelamente se para.