Unha cidade diferente. Compañeiros diferentes. Outro idioma...
Ninguén
dixo que irse de Erasmus fose resultar sinxelo e eu estaba preparada
para afrontar os cambios un detrás do outro, como sempre me aconsellaba
miña nai que había que facer coas dificultades.
(Os
que xa fustes de Erasmus, sabedes do que vos falo, para os que ides ir
ou estades pensando en ir, non teñades medo, é unha experiencia moi recomendable).
Pouco a pouco, fun
superando tódolos obstáculos e a vida alí foi máis levadía. Sobre todo,
cando coñecín á miña mellor amiga: Cris, outra rapaza española coa que
practicaba o idioma intercambiándonos unha libreta
onde escribiamos unha historia a dúas mans en italiano. Todo comezou
como remata este relato, con tres palabras: C'era una volta...