martes, 15 de marzo de 2016

Unha mesa, dúas cadeiras



Entramos na cafetería e sentamos na mesa de costume, a do centro, un enfronte ao outro. Charlabamos sobre o que nos acontecera durante a semana mentres bebiamos zume de piña. Todo era perfecto ata que, de socato, unha rapaza sentou enriba da miña pantasma e un rapaz sentou enriba da pantasma de Lucas. A culler do meu té caeu enriba do prato cun estrépito que me devolveu á realidade: outros estaban a vivir a miña historia, os ollos da miña mellor amiga estaban abertos coma pratos e o meu corazón seguía roto.