sábado, 4 de outubro de 2014

Mar


Aquela tarde fixeime nun rapaz que estaba apoiado nunha baranda observando o mar, acerqueime e apoieime ó seu carón, para mirar o que el estaba a ver. A posta de sol reflexada no mar era inigualable. Xireime e notei que non se percatara da miña presencia.

A mín tamén me gustaba ir a esa baranda a mirar o mar e sin pensar, empecei a dicir: ninguén mirou nunca o mar como ti o estás a mirar, con ese brillo nos ollos como si mirases nel as respostas ós teus problemas.

1 comentario:

  1. Segundo premio no concurso de microrrelatos da revista Zoom Pontevedra

    ResponderEliminar